Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A AMBULANCIA MEDICALIZADA DO SALNES ESTA DENDE HOXE EN SANXENXO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A ambulancia medicalizada que comezou a funcionar o pasado outubro con base no Hospital do Salnés opera dende hoxe dende o centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. Unha decisión da Xunta que causou sorpresa na comarca e sobre a que falabamos esta mañá con César Rajoy, delegado de persoal do servizo da ambulancia medicalizada, que nos conta cómo foron as primeiras horas do traslado. Tanto o delegado de persoal como a CIG denuncian que o cambio faise "sen comunicación previa aos traballadores e as traballadoras, sen informar en que condicións, nin…
Read the full description
concretar durante canto tempo". Deste xeito, afirman, "as 90.000 persoas que viven nos concellos de Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, A Illa, Meis, Catoira, Vilanova e Caldas quedan outra vez sen ambulancia medicalizada e se hai que facer un servizo de urxencia (como un infarto, onde os tempos son vitais) terá que vir a ambulancia dende Sanxenxo, que está a máis de 30 minutos de Vilagarcía ou de Catoira". Consideran que o traslado da do Salnés non atende a criterios sanitarios como defende a Fundación 061 senon que é "unha decisión claramente política” e mermará a calidade asistencial.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.