Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DUAS CONSTRUCTORAS DO SALNES ABREN NEGOCIO EN MEXICO
Duas empresas da comarca do Salnés abriron xa negocio en México como resultado dos contactos realizados na viaxe empresarial promovida pola Mancomunidade do Salnés hai uns meses. Desvelábao esta mañá o presidente da entidade mancomunal , Gonzalo Durán, que tamén anunciaba que ó longo da vindeira semana, a comarca recibirá dúas visitas que poderían xerar novas canles de negocio. Unha delas será a presencia de representantes da asociación Luks Marbella, que aglutina a turistas rusos afincados na Costa do Sol, cos que a mancomunidade pretende establecer paquetes turísticos de fin de semana ou de…
Read the full description
estancias máis longas en Galicia, utilizando o aeroporto de Málaga como base. E a segunda, xa cara a fin de semana, a mancomunidade agarda a visita do alcalde e membros do cabildo da localidade mexicana de Aguascalientes, irmanada co Salnés. A delegación mexicana visita Galicia para coñecer as posibilidades de realizar intercambios comerciais nos ámbitos turístico e industrial.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.