Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS ASUME AS OBRAS DE MANTEMENTO DO CENTRO DE SAUDE TRALA FALTA DE RESPOSTA DA XUNTA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados realizará unha reforma de mantemento integral do Centro de Saúde, “ante a falta de resposta ás demandas municipais por parte do Sergas”, segundo explicaron esta mañá os concelleiros de Sanidade e Economía, Tino Cordal e Xurxo Charlín, respectivamente. A actuación conlevará un investimento de 50.000 euros, que serán financiados a través do Plan Concellos da Deputación 2018 e terán unha duración de dous meses. As melloras consistirán no sustitución da porta de urxencias, pintado da fachada e do interior do inmoble, o cambio de…
Read the full description
pavimento e tuberías de alcantarillado e selado da carpintería exterior, ademáis da reparación das rexas. Asimesmo, realizarase unha sectorización no prendido da caldeira e do alumeado para que se activen por zonas. Con esta actuación, o Concello estima que conseguirá un aforro enerxético e económico para as arcas municipais, que veñen destinado anualmente un importe de 60.000 no mantemento do Centro de Saúde. O proxecto xa foi enviado á Deputación para a súa aprobación na institución provincial e o Concello prevé que as obras comecen despois do verán. En todo caso, o goberno municipal tramita a súa adhesión ao convenio asinado entre a Xunta e a FEGAMP para que a administración autonómica asuma definitivamente o mantemento do centro de saúde. Así o explicaban o Concelleiro de sanidade, Tino Cordal, e o de Economía, Xurxo Charlín, na presentación do proxecto de mellora.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.