Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SOS PANADEIRA VOLVE A PE DE PRAIA PARA OBSTACULIZAR OS TRABALLOS DO CLUB NAUTICO
A Plataforma SOS PANADEIRA non mantén xa demasiadas esperanzas en que se poidan paralizar as obras dos novos pantaláns reanudadas polo Club Náutico de Sanxenxo. Integrantes do colectivo veciñal volveron esta mañá a pe de praia para obstaculizar na medida do posible as actuacións dos operarios do Club Náutico, pero sen poder evitar que se realizasen algúns traballos. I e que, segundo nos decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o portavoz da Plataforma, Carlos Quintía, síntense sós ante un proxecto que consideran ilegal. En todo caso, continuarán mantendo as concentracións diarias na praia da…
Read the full description
Panadeira e celebrarán unha manifestación esta fin de semana. Pola súa banda, o Concello anunciou que «actuará contra a continuación das obras dos pantaláns». A alcaldesa Catalina González, está a espera de recibir a resposta de Portos de Galicia sobre se o ente público concedeu ó Náutico unha prórroga para executar as obras. Segundo o Concello, o último permiso que lle consta finalizou o 31 de decembro. Ademais, o Concello sinalou que existe unha demanda no Xulgado do Contencioso en Santiago interposta contra esta obra e que «confiamos en que o xuíz sentencie a favor do interese municipal». O Concello oponse aos pantaláns por «a presión paisaxística» que xerarán sobre a costa e por contravenir o plan de usos do porto e o POL.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.