Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O OBRADOIRO DE HOSTELERIA COMEZA A SUA ANDAINA NA NOVA UBICACION DE SANXENXO
Hoxe púsose en marcha unha nova edición, e van 10, do Obradoiro de Emprego de Hostelría do Salnés, promovido pola Mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia. Será a primeira que se realice na nova ubicación de Sanxenxo, tras deixar as instalacións de A Lanzada. 20 desempregados formaránse en cociña e restaurante bar durante 6 meses na primeira pranta de Nauta Sanxenxo. Este espazo de máis de 500 metros cuadrados supón, segundo destaca a Mancomunidade, unha importante mellora nas instalacións con respecto as anteriores de A Lanzada. Este ano, 10 alumnos recibirán formación en cociña e outros…
Read the full description
10 en atención de restaurante-bar, e durante os 6 meses de onradoiro, percibirán o salario mínimo. A Xunta inviste 179.000 euros, neste Obradoiro que está considerado como o mellor de Galicia e é o que consigue unha inserción laboral de case o 100%. Na presentación celebrada esta mañá en Nauta-Sanxenxo, os alumnos recibiron á benvida do Presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, do Delegado Territorial da Consellería de Emprego, Ignacio Rial, do xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, e do alcalde de Sanxenxo como Delegado de Turismo na Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Pita. Unha benvida que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.