skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNES LEVAN AS SUAS DEMANDAS O PARLAMENTO

A plataforma de Emigrantes retornados do Salnés comeza a mobilizarse en demanda dunha solución o seu problema respecto á tributación das pensións percibidas por ter traballado no extranxeiro. O colectivo levará este mércores 11 a sua situación ó Parlamento de Galicia e e o xoves 12 de setembro convocan unha asemblea informativa no Auditorio de Vilagarcía ás 8 da tarde, na que intervirá a deputada do BNG na Cámara Galega, Montse Prado, e o responsable da Plataforma, Xosé Lois Leirós. Os afectados xa levaron mocións as corporacións municipais de Vilagarcía e Ribadumia, obtendo resultados…

Read the full description

desiguais. I e que mentres en Ribadumia, as peticións dos emigrantes se aprobaban por unanimidade, en Vilagarcía o alcalde Tomás Fole resolvía en contra co seu voto de calidade, o que provocaba o abandono do pleno dos integrantes da plataforma. Unha das suas principais reivindicacións é que se anulen as multas e intereses reclamados pola demora na realización da declaración e tamén que se amplíe o prazo concedido para pagar os impostos. De todo elo falaba esta mañá o portavoz da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, Xosé Lois Leirós. E ademáis da Plataforma do Salnés, tamén se pon en marcha unha entidade semellante na comarca do Ulla-Umia. A Asociación de emigrantes retornados do Ulla Umia ten previsto solicitar reunións con todolos alcaldes da zona para plantexarlles o seu problema e tamén realizarán diversas charlas informativas para guiar as personas que estéan recibindo as cartas da administración tributaria. Agora, a próxima cita terá lugar no Auditorio de Caldas, o luns 16 deste mes, ás 20 horas. Ademáis tamén habilitaron un correo electrónico emigrantesgalegosullaumia@gmail.com o número 687 560 008 para os interesados en informarse.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.