Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ENTROIDO DE CAMBADOS QUEIMARA AS LISTAS DE AGARDA DA SANIDADE
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades organizadas para celebrar o Entroido do 21 ao 26 de febreiro, no que se distribuirán máis de 7.500 euros en premios. Os festexos comezarán o venres 21 coa parodia do concurso "A rúa cara sóame" dende as 22:30 na Praza de Alfredo Brañas. O sábado pola tarde haberá actividades e obradoiros para nenos no parque de Torrado e xa o domingo será o día grande co Desfile de Carrozas que sairán ás 17 horas da Escalinata de San Tomé ata a Praza de Fefiñáns. O luns 24 será o baile infantil organizado en…
Read the full description
colaboración coa Cofradía de Pescadores San Antonio, a partir das 17 horas no Salón Peña. O martes 25 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces e de Comparsas dende ás 17 horas na Praza de Alfredo Brañas. Xa para rematar, o mércores de cinza os cambadeses enterrarán ás longas esperas na Sanidade Pública. Os alumnos do Obradoiro de Emprego imitarán estar nunha sala de agarda durante o percorrido que sairá ás 19 horas dende o Concello ata a Praia de San Tomé onde se ofrecerá a homilía a cargo do Frade Goio. Unha programación, sinala o edil de Cultura, Tino Cordal, moi condicionada pola retirada da concesión do uso do Salón Peña por parte de Portos de Galicia. Por este motivo, este ano suspendese a celebración do tradicional concurso de filloas e as actividades que se viñan realizando no Salón Peña como o concurso de Comparsas terán que facerse no Auditorio da Xuventude en caso de choiva. Os detalles explicabaos o edil de cultura, Tino Cordal, acompañado do concelleiro de economía, Xurxo Charlín, e da directora do Obradoiro de Emprego, Bea Esteban.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.