Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS NAMORA VOLVE A PROMOVER AS COMPRAS POR SAN VALENTIN
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados e a Asociación de Comerciantes Zona Aberta poñen en marcha a segunda edición de Cambados Namora para promover as compras na campaña de San Valentín. Durante os días 14, 15 e 16, os letreiros coas palabras Cambados, Amor, Bicos e Love, ubicaranse na Praza do Concello, na Praza de Asorey, na Praza de Alfredo Brañas e como novidade este ano, na Torre de San Sadurniño. Outra das novidades é que o obradoiro de xardinería colaborará con esta actividade creando un ramo de flores xigante que adornará a Praza do Concello. Ao igual que o…
Read the full description
pasado ano, as persoas que queiran participar nesta iniciativa deberán sacar unha fotografía nestes photocalls e subila ás redes sociais co hastag #cambadosnamora. As fotografías máis votadas en Facebook, Twiter ou Instagram poderán gañar estuches de albariño da adega Paco&Lola e a mellor de todas elas recibirá unha fin de semana romántico nun hotel, agasallo de Cambados Zona Centro. Os detalles nolos contaba esta mañá o Concelleiro de Economía Xurxo Charlín, durante a presentación da iniciativa, acompañado de representantes de Zona Centro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.