Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN CALIFICA DE MANU MILITARI A DECISION DA SECRETARIA DA MANCOMUNIDADE
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Primeira resposta do Presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés ante a decisión adoptada pola secretaria da entidade de convocar o pleno constitutivo para o vindeiro luns. Gonzalo Durán, que onte propoñía unha presidencia rotatoria, asegura estar sorprendido de que a secretaria non lle anunciara a convocatoria do pleno e asegura que non se pronunciará ata que reciba un informe xurídico sobre a legalidade da decisión. En todo caso, califica de “manu militari” a convocatoria da sesión constitutiva que, ademáis, vinculaa ao feito de que a…
Read the full description
secretaria da Mancomunidade tamén o é do Concello de Meis. A situación de bloqueo da Mancomunidade do Salnés resolverase, salvo sorpresas de última hora, a vindeira semana. A secretaria da entidade convocou para o próximo luns ás 8 da tarde a sesión constitutiva do pleno respaldándose na Lei de Bases de Réxime Local. A secretaria argumenta que a Mancomunidade non é parte procesal nas denuncias relacionadas coa elección de vocais no Concello de Meaño e, ademáis, tal como establece a lei, hai unha petición da cuarta parte dos membros cesantes, todos representantes socialistas, para que se constitua o pleno. Dende o PSOE, a alcaldesa de Meis e candidata a presidir a mancomunidade, Marta Giráldez, congratulábase asegurando que “afortunadamente imperou a cordura porque a secretaria o único que fixo foi aplicar a lei”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.