Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ALCALDESA DE CAMBADOS NON CONVOCARA O PLENO SOLICITADO POLO PP
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Finalmente a corporación municipal de Cambados non celebrará o pleno extraordinario solicitado polo PP para que a alcaldesa Fátima Abal explicara as supostas vinculacións do seu home cunha empresa relacionada presuntamente co contrabando. Así o decidiu a rexedora tras analizar as conclusións dun informe elaborado polo Presidente de secretarios e interventores da provincia de Pontevedra e vicesecretario da Diputación. Nese documento, segundo Fátima Abal, indícase que a convocatoria sería ilegal e “de celebrarse incorreríase nunha ilegalidade, posto que…
Read the full description
os plenos son un órgano de control e fiscalización ao grupo de goberno, e neste caso a motivación non é esa”. O informe sinala que o control que pretende exercer o PP non procede porque non fiscaliza a actuación do cargo de alcaldesa ao fronte do Concello. Resalta, neste aspecto que “unha cousa é controlar a acción de goberno e outra a vida privada dos titulares dos órganos de goberno, desconectada da anterior, ao non dirixirse, senon tanxencialmente, á propia rexedora senon aos seus familiares, e ao centrarse en exclusiva sobre valoracións de índole penal ou sancionable administrativamente” Explicacións que argumentaba deste xeito esta mañá a alcaldesa Fátima Abal.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.