Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

20 EMPRESAS DO POLIGONO DO SALNES INICIAN UN PLAN COMUN DE RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
20 EMPRESAS DO POLIGONO DO SALNES COMEZAN DENDE HOXE UN PLAN DE RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS. O Plan Valoriza é unha experiencia piloto de recollida selectiva dos residuos comerciais, como plástico e o cartón, que xeneran ás empresas dos polígonos de Cambados e de Ribadumia. O proxecto xurde dun convenio asinado entre a Asociación de Empresarios do Polígono do Salnés, que integra os parques de Cambados e Ribadumia, e Galipad Consulting, a empresa encargada da xestión. A idea é estudar a viabilidade de mancomunar o servizo nun futuro para poder abaratar custes. De principio, na iniciativa…
Read the full description
piloto participan dous tercios das empresas ubicadas nos dous polígonos. Cada empresa dispon dende hoxe dun contenedor de papel e cartón e un big bag de recollida de plástico que serán recolectados polo menos unha vez por semana. Con esta proba, que non descartan que se poida alagar ata xaneiro, coñeceráse o número de residuos xerados, e despois, tras unha valoración final, estudiaráse se esta opción e viable e continúa. A posta en marcha do Plan escenificábase esta mañá nun acto que contou coa presencia dos alcaldes de Cambados, Luis Aragunde, e Ribadumia, Salomé Peña e do director de Galipad Consulting, Nicolás Vaqueiro. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as primeiras valoracións.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.