skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS RECOÑECERA O TRABALLO DE MULLERES DA VILA NA GALA DO 8M

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades que se levarán a cabo con motivo da conmemoración do 8M, Día da Muller Traballadora. Os actos comezan este venres día 6 cun almorzo de emprendedoras ás 10 horas en ExpoSalnés e coa lectura do manifesto na Praza do Concello ás 12 do mediodía. O sábado terá lugar un café coloquio sobre "10 cousas que non sabías. Sexualidade en feminino" ás 19 horas en ExpoSalnés. Xa o domingo 8M, o colectivo de mulleres "A Naiciña" sairá ás 12 horas en manifestación ata a Praza de Asorey donde se dará lectura do…

Read the full description

manifesto. E pola tarde, celebrarase a Gala da Muller no auditorio da Xuventude a partir das 18 horas. No evento o Concello fará un recoñecemento a mulleres da vila que veñen realizando actividades de xeito altruista e premiarase á cambadesa máis xoven e a máis antiga. Asimesmo, proxectarase a cortametraxe “V” realizado pola cambadesa Paula González e que foi gañador do premio Sofía Novoa da Deputación. A maiores, durante a semana haberá obradoiros de "Comunicación Non Verbal para o éxito" e "5 técnicas de relaxación para combatir o estrés". Tamén a Asociación Esmar participa nesta conmemoración coa presentación dun libro póstumo de poemas dunha muller víctima de violencia de xénero. A programación foi presentada esta mañá pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal acompañada de representantes das asociacións A Naiciña e Esmar.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.