Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS ESPUMOSOS ELABORADOS CON ALBARIÑO VOLVEN POR NADAL
Os viños espumosos elaborados con albariño volven cobrar relevancia por segundo ano consecutivo nestas festas de nadal. E para demostrar o ven que maridan con productos da nosa gastronomía, este domingo día 8 celébranse no Salón José Peña de Cambados as “II Xornadas de Exaltación de Espumosos Rías Baixas”, que son de asistencia de balde pero previa inscripción no concello de Cambados ou ben nas adegas participantes. Un total de 5 adegas da zona do Salnés e da subzona do Condado estarán presentes neste evento que dará comezo ás 12 do mediodía con catas e degustacións de ostra. 80 mil botellas…
Read the full description
dos espumosos elaborados con albariño saen este nadal ó mercado procedentes en gran parte das adegas que este domingo estarán presentes no salón José Peña de Cambados: Pablo Padín de Meaño, Mar de Frades de Meis, Adegas Eidosela e As Laxas de Arbo e Cotorredondo de As Neves. O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e o presidente do Consello Regulador da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo presentaron este mediodía as xornadas que se celebrarán o domingo en Cambados. Con Juan Gil de Araujo e coa representante da adega Mar de Frades falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.