Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS AGARDA COORDINAR CO CONSELLO REGULADOR OS HORARIOS DO ALBARIÑO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O anuncio do Consello Regulador da D.O Rías Baixas sobre a súa intención de pechar os stands da Festa do Albariño ás 12.30 da noite está a xerar preocupación entre algunhas adegas e tamén incerteza no Concello. Sen embargo, o goberno local confía en que poderá consensuar os horarios nunha reunión fixada para o 30 de maio cos responsables do Consello Regulador. De principio, ao executivo municipal non lles parece boa idea que a hora de peche sexa tan cedo pero tampouco acudirán á reunión cunha proposta definida. É cuestión de consensuar e coordinarse…
Read the full description
entre ambas partes, sobre todo nun ano no que se quere conseguir a Declaración de Interese Internacional, aseguran tanto a alcaldesa Fátima Abal, como o tenente de alcalde Victor Caamaño e o Concelleiro de Enoturismo José Ramón Abal. Mentres tanto o goberno local insiste en que non debe contribuir a espallar a polémica, xa que a medida tampouco foi comunicada oficialmente ao Concello. O executivo municipal reitera que un dos obxetivos primordiais que se plantexaron é mellorar a xestión da festa e para elo, conclue que o Concello debe ir da man do Consello Regulador para chegar a acordos entre todos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.