Latest / Todos os podcast | Galicia en goles
Galicia en goles sábado 23-05-2026
O longo Galicia en Goles que tivo lugar o sábado deixou ao Celta un ano máis na Europa League. A vitoria ante o Sevilla contada dende Balaídos provocou un post partido festivo que se alongou ata a unha da madrugada. Non tivo tal final feliz a última xornada da 1ª RFEF, co descenso do Oureense CF e a surrealista 'non clasificación' do Pontevedra para os playoff de ascenso, en detrimento do Castilla, por unha inexplicable norma de dobre sentido no regulamento da RFEF. No polideportivo o Breogán caeu en Málaga e o Liceo venceu en Lleida e xa está en semifinais da OK Liga.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.