Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MAREA DA VILA LAMENTA A OPORTUNIDADE PERDIDA CO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA
#elecciónsmunicipais26m Marea da Vila lamenta que a Xunta de Galicia faga do novo Plan de Transporte unha oportunidade perdida para a vertebración da comarca ao non ter en conta a moción aprobada no pleno da corporación de Vilagarcía. A candidata de Marea da Vila, María de la O Fernández, considera que “a suba de prezos formulada pola Xunta non se corresponde coa realidade social e co feito de que a calidade do servizo baixe, ou a necesidade de potenciar a Estación de Autobuses de Vilagarcía favorecendo a implantación da intermodalidade”. “Parécenos especialmente grave que na actualidade os…
Read the full description
percorridos internos por Vilagarcía están en 1,20€ e no Plan da Xunta se elevan a 1,50€. Isto supón un prexuízo para as persoas usuarias que só se poderá evitar con esforzos por parte das administracións locais a través da subvención de abonos, o que volve a cargar nas arcas municipais responsabilidades que debían ser da Xunta”. Ademáis sinala que “se queremos un transporte público que sexa unha alternativa real ao vehículo privado ten que responder aos hábitos de desprazamento das persoas usuarias tanto en frecuencias como en rutas, algo no que retrocede o novo Plan de Transporte da Xunta, pero tamén á realidade económica dunha sociedade moito máis vulnerable froito dunha mal chamada crise económica”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.