Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

RIBADUMIA CELEBRA A SEMANA DO DEPORTE ATA O 30 DE SETEMBRO
Ribadumia celebra dende mañá e ata o 30 de setembro a Semana do Deporte cunha programación pensada para grandes e pequenos- Entre as actividades previstas está a xornada organizada pra o día 27, onde mais de 250 nenos de 3 a 7 anos do CPI Julia Becerra Malvar e do CRA de Ribadumia participarán na inauguración da exposición da Deputación" Olimpiadas de Río" con actividades de zumba, xogos predeportivos, fútbol e judo. Ademáis, tamén se inclue a II Gala do Deporte de Ribadumia, que terá lugar o día 30 a partir das 20.30 horas no Auditorio, en recoñecemento ao esforzo dos deportistas do…
Read the full description
municipio. Un total de 32 candidatos femeninos e masculinos optan aos premios ao deporte, xunto con 9 equipos, 3 clubes, e 7 adestradores A Gala estará presentada polo humorista Federico Pérez. En canto á programación para o resto das xornadas, o día 23 realizarase unha ruta urbana polo centro de Barrantes, o 25 e 26 haberá clases de pádel, o 28 andaina polo Umia e o día 29 clases de zumba. A Semana do Deporte foi presentada hoxe en Ribadumia polo alcalde, David Castro, acompañado dos directores dos centros educativos participantes, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.