Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A VENDIMA ENTRA NA RECTA FINAL CUNHA COLLEITA MENOR DA PREVISTA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A vendima entra na recta final. As adegas da D.O Rías Baixas levan recollidos 29,5 millóns de quilos de uva e a previsión é alcanzar os 31 millóns. Unha cantidade menor da estimada inicialmente e moi por baixo dos 38,6 millóns do ano pasado. I é que o rendemento por hectárea quédase nuns 7.500 quilogramos aínda que a uva é de gran calidade e parámetros excelentes. Todo elo leva ao presidente do Consello Regulador da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, a restar importancia a reducción da colleita xa que as produccións tenden a equilibrarse dun ano a…
Read the full description
outro. A vendima foi un dos temas que se abordaron durante unha visita que realizou o Conselleiro de Medio Rural, José González, a adega Gran Bazán de Vilanova de Arousa, onde resaltou á importancia de aproveitar as sinerxias entre o turismo e o mundo do viño para contribuír ao desenvolvemento das áreas rurais de Galicia.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.