skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A PLATAFORMA CONTRA A SUBA DO IBI DE VILAGARCIA TENTARA UN ACHEGAMENTO CO ALCALDE NA REUNION DE MAÑA NO AUDITORIO

A Plataforma contra a subida do IBI en Vilagarcía tentará unha última negociación co alcalde Tomás Fole antes da manifestación convocada para o próximo día 13. Será na reunión aberta ós veciños que se celebrará mañá no Auditorio coa presencia de Tomás Fole e do Concelleiro de Independentes Benito Perez Dorgambide. Na reunión tamén estarán representantes dos sindicatos e das diferentes asociacións que nas últimas semanas se sumaron ás demandas da Plataforma. O colectivo cidadá pretende que Tomás Fole asuma a rebaixa do coeficiente no que se basa o imposto do 0,60 ó 0,52 e que se estableza unha…

Read the full description

reducción para as persoas que non perciban o salario mínimo interprofesional. Asimesmo, solicitan unha diminución do 5% para os que teñan os recibos domiciliados. A Plataforma estima que a subida suporá un sobrecuste de entre 50 e 115 euros a cada familia e que o concello percibirá 1 millón de euros máis en concepto do tributo. De momento, a Plataforma mantén a convocatoria da manifestación para o próximo día 13 ás 8 da tarde fronte ó concello, contando con permiso para realizar un percorrido reivindicativo polas ruas se así o deciden no decurso da protesta. Todo elo nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o portavoz da Plataforma, José Luis Lorenzo, nesta entrevista que podes descargar e volver a escoitar.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.