Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O COMITE DE EMPRESA TENTA UN NOVO ACHEGAMENTO Ó DIÁLOGO COA EMPRESA Ó MARXE DO ERE
O secretario xeral de CCOO de Galicia, José Manuel Sánchez Aguión, e o secretario xeral da FSC-CC.OO (Federación de Servizos á Cidadanía), Ramiro Otero, realizaron esta mañá unha valoración da situación que atravesa a plantilla de Lantero tras 38 días de folga. Os representantes do sindicato a nivel galego quixeron, asimesmo, trasladarlles o seu respaldo ós traballadores. Nunha rolda de prensa ante ás instalacións da cartoneira no Pousadoiro, o secretario xeral de CCOO anunciou que esta tarde tentarán abrir unha vía de diálogo coa dirección da empresa, pero coa condición de que sexa ó marxe…
Read the full description
do ERE e que se retiren todas as demandas xudiciais presentadas pola firma como paso previo a un posible acordo. De momento, a dirección de Lantero non se pronunciou sobre a mensaxe enviada polo comité de emrpesa, a través do sindicato Comisións Obreiras, para entrar en negociacións á marxe da presentación do ERE. A empresa anunciara que previsiblemente mañá presentará o seu novo plan de viabilidade que será máis contundente que o anterior para axustalo á actual realidade da fábrica, tras máis dun mes de folga, polo que se espera que formule máis despedimentos que no anterior ERE. Paralelamente, os traballadores en folga continúan coas iniciativas para recadar fondos destinados á caixa de resistencia da folga e xa puxeron á venda as rifas ao prezo dun euro para o sorteo de cinco lotes de Nadal.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.