Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MAIS DUN MILLAR DE PEZAS RECUPERADAS NO CASTRO ALOBRE
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou esta mañá á parcela de Vilaxoan onde a finais desta semana empezarase a construir a terceira escola infantil pública do municipio. O centro educativo contará cunha capacidade máxima de 82 prazas para a escolarización de nenos de 0 a 3 anos. A actuación foi adxudicada á empresa Inelsa de Sanxenxo por un importe de 589.000 euros e ten un prazo de execución de dez meses. As obras financiaranse coa parte dos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía con cargo ao Plan de Obras e Servizos de 2016. Previamente, a presidenta da Deputación…
Read the full description
acompañaba aos 40 alumnos e alumnas do colexio Anexo A Lomba nunha das visitas guiadas ao Castro Alobre que o organismo provincial e o Concello están ofrecendo a escolares do municipio para dar a coñecer O xacemento e a súa importancia. Neste caso, Carmela Silva ofrecía os datos dos achádegos da segunda fase das excavacións que está a realizar a Deputación no castro vilagarcián. Máis dun millar de pezas, destacando tres fíbulas recuperadas. O máis singular é un elemento para o cuidado persoal, destinado a hixiene do oido, e un mango dun coitelo de bronce. Detalles de ambas actuacións que explicaban a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Alberto Varela, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.