skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA INTERROMPE A NORMALIDADE DEMOCRATICA COA OPOSICION

O grupo de goberno de Vilanova decidiu non tramitar ningunha iniciativa da oposición, nin en pleno nin en comisión, e romper calquera diálogo cos grupos municipais de PSOE e BNG ata que a Deputación de orden de reanudar as obras de reforma do auditorio de O Esteiro, paralizadas por un acordo da xunta de goberno provincial en base a un defecto de forma no proxecto. A decisión do PP de Vilanova prodúcese despois de que os deputados provinciais do BNG e PSOE, incluido o deputado e concelleiro socialista de Vilanova, Javier Dios, rexeitasen o pasado venres incluir para o seu debate no pleno a…

Read the full description

moción presentada por vía de urxencia polo grupo do PP. Ambas formacións consideraron que a premura da iniciativa dos populares non estaba xustificada. En resposta o acontecido o pasado venres, esta mañá o grupo de goberno de Vilanova, encabezado polo alcalde Gonzalo Durán, adoptaba medidas de presión. Así as anunciaba o alcalde Gonzalo Durán nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. En principio, o futuro do proxecto está pendente da comisión de seguimento das obras, convocada pola Deputación para o vindeiro mércores 2 de decembro ás 12.15 horas no Pazo Provincial. Á reunión acudirá, por parte do Concello de Vilanova, o alcalde Gonzalo Durán, mentres que a institución provincial estará representada polo deputado vigués Carlos López Font.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.