Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONCELLO ATENDE AS PETICIONS DOS VECIÑOS DE VAZQUEZ LEIS MENTRES NON SE POIDA REMATAR A OBRA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Coordinador de Seguridade e Saúde da obra da Rúa Vázquez Leis fará unha inspección para determinar os puntos que é preciso acotar, os medios para asegurar o valado e acondicionar os accesos ás vivendas. Así o anunciaron o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a Concelleira de Urbanismo, Paola María, durante a reunión celebrada esta pasada noite cos veciños afectados pola paralización dos traballos a raiz da situación que atravesa a empresa Nexia, adxudicataria do proxecto. A maiores, tamén se habilitará un paso seguro para peóns no cruce de…
Read the full description
Vázquez Leis coa Avenida de Cambados co fin de evitar que teñan que invadir a calzada para atravesar a rúa. Asimesmo, os titulares de vados permanentes en Vázquez Leis serán exentos do pago da cota anual correspondente ao ano 2020 debido á imposibilidade de facer uso dese servizo como consecuencia das obras. O alcalde Alberto Varela, agradece en nome de todo o goberno local a colaboración e o afán construtivo dos veciños da Rúa Vázquez Leis cos que mantivo a xuntanza onte pola noite no centro socio cultural de Vilaxoán. O rexedor acudiu a reunión para explicarlles as xestión que está a levar a cabo o Concello para salvar as dificultades legais creadas pola situación que atravesa a empresa adxudicataria, Nexia, e comprometeuse a continuar buscando a solución máis rápida e eficaz que permita rematar canto antes a parte da obra que queda pendente. Varela Paz trasladoulles as dificultades legais que existen ante este tipo de situacións e que limitan o marxe de manobra das administracións afectadas, que son moitas en toda a provincia de Pontevedra. Sobre todo, despois de que a adxudicataria alegase contra a decisión municipal, alegacións que están sendo analizadas moi minuciosamente polos servizos técnicos e xurídicos do Concello por si o asunto chegase a rematar no xulgado. Esta opción non é a desexada polo goberno, dado que demoraría aínda máis o remate da obra, polo que, paralelamente tratarase de negociar un acordo cos novos responsables da empresa, cos que, polo momento, foi imposible contactar.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.