skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONCELLO DE VILANOVA ULTIMA O PROXECTO PARA CONVERTIR VISTA REAL NUN CENTRO DE FORMACIÓN HOMOLOGADO.

O Concello de Vilanova aprobará no pleno ordinario do vindeiro dia 27 de maio o proxecto definitivo da modificación puntual para a adecuación do Pazo de Vista Real co fin de convertelo nun centro de formación homologado. O concello quere comezar este ano coa primeira fase das obras que consisten na construcción de tres aulas e aseos na primeira pranta e dúas aulas maís nas cocheras do Pazo, nas que se impartirán cursos e obradoiros. Tamén se poderan facer outras actividades e mesmo exposicións na ampla entrada do Pazo que se habilitará despois de quitar as escaleiras centrais que dispuxeran o…

Read the full description

clan do Charlins. Así mesmo, a finca de Vista Real tamén está en proceso de homologación para poder ofrecer cursos agrarios de horticultura e xardinaría. Para tal fin, o Concello de Vilanova conta cunha subvención por parte da GAC de 120.000 euros, e esta pendente de poder financiar a rehabilitación das outras dúas prantas con fondos do 1% cultural. O Concello agarda ter rematada a primeira fase das obras antes de que remate o ano para que en 2015 xa se poda comenzar a dar cursos e obradoiros nas instalacións de Vista Real. Polo de agora, o Concello de Vilanova utilizará o Pazo de Vista Real para celebrar a Festa Europea polo fin de campaña das eleccións europeas, que tivo que ser trasladada o ser suspendidos todos os actos electorais desta semana polo asasinato da presidenta da deputación de León. A nova cita será o vindeiro venres 23 de maio ás 20:30 horas e estan invitados todos os veciños de Vilanova e da Comarca. Para tal celebración haberá orquesta e tapas variadas. O Alcalde Gonzalo Durán daba todos os detalles nunha rolda de prensa na que tamén estaban os micófonos de AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.