skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PREMIO RIA DE AROUSA ABRE A SEGUNDA EDICION PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ábrese a II edición do Premio Ría de Arousa creado para fomentar o emprendemento marítimo-portuario, poñendo en valor á ría con ideas innovadoras e viables. O certame está convocado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra, cofinanciado polo Igape e conta coa colaboración do Porto de Vilagarcía de Arousa, a Consellería do Mar, o Banco Santander, Galicia Business School, FECA, e J Rey Asesores. O prazo de inscrición abrese hoxe, e pecharase o día 10 xuño. Será o vindeiro 14 de xuño cando se celebre o acto de entrega de premios. O gañador…

Read the full description

obterá 2.000 euros para cubrir os gastos de constitución da empresa, un Diploma en Business Administration valorado en 3.600 euros e 1 ano gratis nun dos despachos do Espazo Emprendedor de AJE. Ademais haberá 3 accésit para o Programa Superior en Liderado e Dirección de Equipos, valorado en 1.800 euros, e 6 meses gratis na zona coworking do Espazo Emprendedor. Como novidade nesta segunda edición e por iniciativa de FECA, Federación de Empresarios de Arousa, entregarase un Premio Honorífico a un empresario do sector como recoñecemento ao seu traballo. Así o explicaba o Presidente de Xóvenes Empresarios, Pablo Fernández, na presentación da iniciativa, acompañado por José Luis Vilanova de Feca, e da Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.