Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

GONZALO DURAN ACUSA O PSOE LOCAL DE TRATAR DE GAÑAR O PODER SEN PASAR POLAS URNAS
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán acusa ó PSOE local de tratar de gañar o poder sen pasar polas urnas e pide a demisión do secretario xeral e do portavoz da agrupación socialista. O rexedor tamén anunciou que adoptará medidas legais contra ambos por calumnias e denuncias en falso. Gonzalo Durán realizou esta mañá en rolda de prensa a súa valoración sobre o arquivo da causa aberta contra el polas supostas contratacións irregulares no concello denunciadas no seu día polo Partido Socialista local. A Sección Cuarta da Audiencia Provincial decidiu o sobreseemento da causa contra el por…
Read the full description
considerar que no proceder para este máis de medio cento de contratos houbo “falta de corrección” pero non aprecia delito algún. A Audiencia Provincial ratifica así a decisión do xulgado de Instrucción número 3 de Vilagarcía, contra a que presentaran recursos tanto o PSOE como a propia Fiscalía. Alegacións que agora rexeita o Tribunal Provincial. A decisión é firme e contra ela non cabe recurso, polo que a causa volverá ó xulgado para o seu arquivo definitivo. Fontes do entorno socialista amosan sorpresa pola decisión xudicial, xa que consideran que existen casos abertos contra outros alcaldes por supostas contratacións irregulares nos que non hai siquera os reparos administrativos que existen no caso de Vilanova. Tanto é así, que mesmo o secretario local do PSOE de Vilanova, Jorge María López, sopesa demitir tras coñecer a resolución xudicial. E pola súa banda, o alcalde Gonzalo Durán acusa ó PSOE local de tratar de gañar o poder sen pasar polas urnas e pide a demisión do secretario xeral e do portavoz da agrupación socialista. O rexedor tamén anunciou que adoptará medidas legais contra ambos por calumnias e denuncias en falso. Así o decía ante os micrófonos de AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nesta conversa con Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.