skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MEIS ACOLLE O INICIO DO CURSO ESCOLAR NA PROVINCIA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Hoxe comezou o curso escolar nos centros de Educación Infantil y Primaria con menos alumnos matriculados que o pasado ano: case 300 escolares menos en toda a provincia. Concretamente, son 52.107 escolares, dos cales 35.745 o fan en centro públicos, 15.161 en centros privados concertados e 1.207 en centros privados non concertados. Abrindo o ano académico estivo esta mañá en Meis, no colexio do Mosteiro, o delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, acompañado polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, así como polo alcalde da…

Read the full description

localidade, José Luis Pérez. Tourís destacou a normalidade xeral desta xornada nos centros da área da Delegación Territorial de Pontevedra, na que tamén comezaron a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería de Educación. En canto ao colexio do Mosteiro, Tourís destacou que foi obxecto o pasado ano dunha reforma enerxética integral que roldou os 500.000 euros, e que permitiu entre outras melloras, a substitución de carpinterías, de tabiques, de falsos teitos, de luminarias, do cambio de caldeira de gasoleo por biomasa e a aplicación de melloras en accesibilidade. Tamén neste centro executáronse obras de reforma da cuberta do pavillón e do peche perimetral que sufriu danos a causa dun temporal.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.