skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PAZO DE VISTA REAL CELEBRA A PRIMEIRA ROMARÍA DE VERÁN ESTA FIN DE SEMANA

Unha fin de semana diferente en Vilanova é o que se quere conseguir coa primeira edición da Romaría de Verán que se vai celebrar esta fin de semana no Pazo de Vista Real. Co fin de acercar o Pazo ós veciños, recuperar tradicións e realizar actividades en familia, dous estudios de deseño de Vilanova que se encontran no viveiro de empresas de Vista Real, Iki Findik e Zoe Estudio, en colaboración co Concello de Vilanova, tiveron a ben crear esta romaría que esperan que teña boa acollida e se poidan celebrar máis edicións. Nesta Romaría de Verán non falta detalle polo que haberá unha feria de…

Read the full description

artesanía, con 25 postos de toda Galicia, un mercado ecolóxico, xogos populares, talleres de educación emocional e risoterapia, xogos hinchables, coctelería pola noite e música con pandereteiras, rondalla e coral, e tamén de estilo pop e rock a cargo de dous grupos da zona. Vista Real estará cheo de actividades durante o sábado e domingo dende as 12 do mediodía ata ás 12 da noite e para que as inmediacións do pazo non se saturen de coches, o tren turístico fará viaxes dende o centro de Vilanova ata Vista Real durante todo o día. Son detalles dunha orixinal iniciativa que ofreceron as organizadoras da romaría, Alicia Nogueira de Iki Findik, e Maria José Nogueira de Zoe Estudio, durante a rolda de prensa de presentación e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.