Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O parque acuatico de meis poderia ser realidade o proximo veran
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Meis e a Comunidade de Montes de San Vicente de Nogueira insisten nos beneficios para o municipio e a comarca que traería consigo o futuro parque acuático. Así o explicaron esta mañá o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estevez e o Presidente da Mancomunidade de Montes, José Manuel Ruibal nunha rolda de prensa para resolver ás dubidas xeradas entre os veciños pola creación do novo parque acuático. Segundo informaron, o concello será quen leve o control do proxecto que presente a empresa, para asegurarse de que cumpre cos obxetivos marcados…
Read the full description
e preserve o entorno natural. O rexedor meisino asegurou que a infraestructura incluirase no entorno natural, e que non haberá que instalar ningunha torre de soporte para os tobogáns xa que se colocarán aproveitando a inclinación do terreo da antiga canteira. Ademáis, contará con espazos verdes para potenciar a natureza do municipio e previsiblemente terá máis actividades multiaventura para que o parque poida estar aberto durante todo o ano. A superficie total do parque será de 70.000 metros cadrados e a empresa deberá pagar á comunidade de montes unha cota de 20.000 euros anuais cunha cesión de 29 anos. A contrucción do futuro parque acuático de Meis podería comezar antes do verán de 2019 para que xa se poda inaugurar de cara a tempada estival. Asimesmo, o parque acuático daría emprego a uns 80 veciños da zona e tal como dixo o presidente da mancomunidade de montes, axudaría a aforrar moitos gastos de mantenento da zona que debido ao seu estado precisa o desbroce a man e podería chegar a uns 6.000 euros anuais. Do mesmo xeito, o alcalde de Meis, Jose Luís Pérez, considera que o futuro parque acuático vai xerar riqueza na zona xa que hai xente interesada en montar negocios no seu entorno.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.