Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CONCURSO DE CATADORES EN CAMBADOS PARA CELEBRAR O DIA EUROPEO DO ENOTURISMO
As exportacións do Albariño creceron máis dun 25% durante a campaña 2012-2013. Máis de cinco millóns de litros de albariño comercializáronse en case 60 países diferentes. Tamén creceu notablemente o valor das exportacións, ata alcanzar os 26,3 millóns de euros. Por mercados, EE.UU. segue sendo o principal cliente da denominación. Alí vendéronse 2,5 millóns de litros. Séguenlle Reino Unido e Alemaña, que adquiren 3 e 1,6 millóns de litros respectivamente. Con todos estes datos a D.O Rias Baixas presentou esta mañá en Cambados, na sala José Peña, o programa de actividades que a Ruta do Viño…
Read the full description
desenvolverá o domingo, 10 de novembro con motivo da celebración do Día Europeo do Enoturismo. O presidente da Ruta, Juan Gil de Araujo, e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, presentaron as actividades destinadas a que os visitantes poidan experimentar algunha das múltiples posibilidades que ofrece esta Ruta do Viño. Visitas a viñedos e paisaxes do territorio ou catas comentadas serán algún dos atractivos desta xornada especial, que se celebra de forma pararela na rede de cidades europeas asociadas a RECEVIN. Ademais, ese día tamén se celebrará a segunda edición do Concurso Afeccionado de Catadores, que reunirá no salón José Peña de Cambados a máis de 200 persoas. Todo elo nolo contaban en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o presidente da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.