Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OBRAS DE REFORZO DO FIRME NA ESTRADA DE BAMIO PARA EVITAR DESLIZAMENTOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Consellería de Infraestructuras comezou hoxe as obras de reforzo do firme nun tramo da estrada de Bamio, en Vilagarcía. A actuación, que conta cun orzamento de case 48.500 euros, ten por obxectivo incrementar a resistencia do firme e evitar deslizamentos ao longo de 3,4 kms, dado que se teñen detectados na zona accidentes en forma de saída de vía. As obras son executadas pola empresa Microasfalt, e inclúen a mellora da capa de rodadura e o pintado do eixe da calzada da estrada, así como a reposición da sinalización horizontal afectada pola…
Read the full description
intervención, completándose a mesma co fresado e reposición do pavimento nos lugares necesarios. O prazo de execución é de dous meses, polo que os traballos estarán rematados, se o tempo o permite, antes de finais deste ano, tal como decía esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, no punto de inicio dos traballos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.