skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AMIGOS DE GALICIA ESTUDA NOVAS FORMULAS DE DISTRIBUCION DOS ALIMENTOS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Amigos de Galicia vese na obriga de cambiar o operativo de distribución de alimentos trala inspección de Sanidade que prohíbe o almacenamento dos mesmos na nave de Vilagarcía. Ademáis, a Fiscalía investiga se a Fundación distribúe alimentos caducados a través dos almacéns que a entidade ten tanto en López Ballesteros como en San Cibrao das Viñas en Ourense. A inspección foi consecuencia dunha denuncia presentada por dúas persoas que realizaban traballos en beneficio da comunidade. Como consecuencia, Sanidade prohibiulles a manipulación e…

Read the full description

distribución de alimentos frescos e tampouco lles autoriza a etiquetaxe de productos. Amigos de Galicia recoñece que a nave situada en López Ballesteros de Vilagarcía non reúne as condiciones sanitarias adecuadas “xa que ao tratarse dun espazo aberto hai heces de roedores e non garante a trazabilidade”. Así que, a instalación quedará, de momento, para a almacenaxe de mobles e tapóns. Por eso, a entidade busca agora outras fórmulas de reparto como a cobertura a través de tarxetas de crédito válidas en tendas de alimentación. Unha circunstancia, que, sen embargo, reducirá o número de beneficiarios e familias que atendían ata o de agora, tal como explicaba esta mañá Jesús Busto, responsable da entidade en Vilagarcia. Pola contra, a Fundación asegura que nunca se entregaron nin se entregan productos alimenticios caducados, como investiga a Fiscalía, ainda que “é certo que recibimos grandes cantidades de alimentos donandos cunha data de consumo preferente corta pero sempre llo comunicamos aos usuarios, sendo vontade deles recollelos ou non”. Asimesmo, a entidade continuará cos programas de emprego, mulleres en situación de vulnerabilidade, atención a personas maiores que viven soas e especial defensa da infancia.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.