skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O NOVO PANTALAN DE SAN TOME ESTARA LISTO ANTES DO VERAN

O porto de San Tomé de Cambados terá listo o novo pantalán antes do verán. Portos de Galicia formalizou esta mañá coa adxudicataria do proxecto, a empresa Amilibia, o inicio das obras por un importe duns 200.000 euros. O novo pantalán terá 73 novos amarres nunha actuación demandada pola Confraría de Pescadores de Cambados, xa que as actuais instalacións de As Goritas non ofrecen o calado suficiente. A nova estructura poderá acoller embarcacións de entre seis e doce metros de eslora, fundamentalmente planadoras e lanchas de terceira lista.Na parte exterior tamén se dará cabida a embarcacións…

Read the full description

maiores que agora teñen base en San Tomé. O proxecto de San Tomé forma parte dunha serie de actuacións que Portos de Galicia está a realizar na Ría de Arousa, coa creación de 500 nova prazas de pantaláns de terceira lista: 300 na Illa de Arousa, 125 en Cabo de Cruz en Boiro, e 73 no porto de San Tomé en Cambados. Así o explicaba o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao peirao de Santo Tomé, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ademáis de representantes da confraría e do goberno local, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.