Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A BIBLIOTECA DE CAMBADOS CONTA MOITO
A Biblioteca Luis Rei de Cambados ten dende hoxe un novo recoñecemento polo seu compromiso social. O proxecto “Canto conta Cambados!” recibiu esta mañá o Premio concedido pola Fundación Biblioteca Social, de Cataluña, na segunda edición do seu certame. O xurado valorou o traballo presentado pola biblioteca cambadesa como “Mellor proxecto” por facilitar cohesión social e cidadá, eliminando fronteiras de destinatarios, por normalizar ao usuario con discapacidade, e pola súa reivindicación lingüística. O premio consiste en 1.200 euros en metálico para a compra de material e seguir realizando…
Read the full description
actividades, ademáis da grabación do vídeo do proxecto presentado. Durante o acto de entrega do galardón estiveron presentes na Biblioteca Municipal tres dos membros da Fundación catalana, e representantes dos colectivos sociais que traballaron no proxecto como o colexio de San Tomé, o Refuxio de Animais de Cambados, A Asociación Por Dereito, Guimatur ou Cruz Vermella, entre outros. O Concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, amosou a súa satisfacción polo galardón recibido e polo traballo realizado polos técnicos de Cultura do Concello, sen esquecerse de todos os colectivos implicados. Foi, precisamente, a técnica do departamento, María Vázquez, a que explicaba o proxecto realizado. Dende AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA tampouco nos perdemos a entrega.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.