Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ESQUERDA UNIDA DE VILAGARCIA RECURRIRA A SANCION DE 500 EUROS IMPOSTA POLO CONCELLO
Esquerda Unida deberá adiantar unha fianza de 500 euros se quere volver a utilizar unhas instalacións municipais para a realización de actos lúdicos. Esta é a medida adoptada pola xunta de goberno local esta mañá a raiz do estado de suciedade no que quedou a Praza da Peixería tras a celebración do Festival Mundo Vermello, organizado pola agrupación de esquerdas, que reuniu a centos de persoas a pasada fin de semana. Esta fianza, dí o goberno local, ten como obxectivo cubrir posibles gastos engadidos polo incumprimento das condicións especificadas no permiso de cesión dos locais. Para evitar…
Read the full description
este tipo de “actitudes incívicas e que inciden negativamente na imaxe da cidade”, a Xunta de Goberno Local decidiu que o establecemento da fianza aplicarase a calquera outro colectivo que teña incorrido previamente no incumprimento dalgún requisito recollido no permiso de uso das instalacións municipais. Dende Esquerda Unida o portavoz do grupo municipal Juan Fajardo, nos adiantaba que recurriran a sanción ante a xusticia. Juan Fajardo restáballe importancia á medida de sanción que puidera adoptar ó goberno de Tomás Fole, argumentando que a limpeza dos espacios despois de calqueira acto ou actividade pública debe realizala a empresa contratada polo concello para a recollida de lixo. Neste sentido, o concelleiro de Esquerda Unida preguntábase “quen vai limpiar o recinto de Fexdega trala Gala de Panorama do vindeiro venres”. Argumentos que nos expoñía Juan Fajardo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.