skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

TODO PREPARADO PARA QUE COMECE O ALBARIÑO 2015

O Concello de Cambados xa ten pechados todos os detalles da Festa do Albariño que se celebrará dende o mércores 29 de Xullo e ata o domingo día 2 de Agosto. Ademáis das actividades e actuacións que se foron revelando nos ultimos días, este ano, o grupo de goberno quere dar protagonismo ós veciños de Cambados, polo que aberá alboradas, charangas e concertos da man de grupos e orquestas cambadesas. Como novidade nesta edición, a Festa do Albariño será inaugurada o día 29 ás 13:00 horas cun pregón a cargo do director de cine cambadés, Juan Galiñanes. Ademáis, nesta LXIII edición, serán 42 as…

Read the full description

adegas que terán as súas casetas do Albariño no Paseo da Calzada. En canto as actividades organizadas polo Consello Regulador, celebraráse o tradicional concurso de catas con 60 adegas participantes, e tamén haberá o habitual Tunes do Viño no Salón Peña, que contará con 61 adegas e 141 viños que se poderán catar por un prezo de 10 euros a entrada. Outras das actividades previstas polo consello regulador serán as Catas Temáticas nas que varias adegas darán leccións relacionadas co viño Albariño. Por outra banda, o Capítulo Serenísmo tamén conta coa súa tradicional programación para o vindeiro domingo día 2, no que haberá a Recepción e Desfile das Confrarías do Albariño, o posterior Acto de Investidura onde se otorgarán as distincións de Damas e Cabaleiros do Albariño e xa para rematar, o Xantar. En canto as personalidades que serán nomeadas Damas e Cabaleiros, xa que revelou que a alcaldesa Fatima Abal será nomeada Dama do Albariño, e o resto de nomes coñeceranse a vindeira semana. O programa completo pode recollerse en ExpoSalnés, e tamén pode verse na páxina web http://fiestadelalbarino.es/ ou na app Festa do Albariño. Os detalles desvelábanse hoxe nunha rolda de prensa coa presencia da alcaldesa, Fátima Abal, o presidente do Consello Regulador da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, o responsable do Capítulo Serenísimo, Pedro Piñeiro, e o Concelleiro Tino Cordal, ademáis de artistas de grupos cambadeses. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos unha gran parte da rolda de prensa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.