Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHAS 60 EMBARCACIÓNS CELEBRARAN O CENTENARIO DA CONFRARIA DE CAMBADOS NO ENCONTRO DESTE SABADO
Cambados acolle este sábado o Encontro de Embarcacións Clásicas e Tradicionais con motivo da celebración do centenario da Confraría San Antonio. A xornada comezará ás 11:30 horas coa arribada das máis de 60 embarcacións participantes na praia de San Tomé, onde se realizará o izado de velas conmemorativo polo centenario. Durante a mañá tamén haberá un concurso de debuxo sobre o mar para nenos, a primeira Ruta a Pé e o Xantar para tripulacións no Salón Peña. Xa pola tarde, ás 17 horas sairá a II Regata do Salnés e o VIII Memorial Tito Silva, que realizarán un percorrido por beiramar dende a…
Read the full description
Torre de San Sadurniño ata o porto de Tragove. Posteriormente haberá unha segunda Ruta a Pé e a entrega de trofeos aos participantes, poñendo fin a esta xornada náutica co concerto Cambados Live Festival. Son datos que explicaban está mañá en rolda de prensa o concelleiro de cultura, Víctor Caamaño e un dos representantes da Asociación de Vela Tradicional de Cambados, Fernando Pombo e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.