Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O COLEXIO DE SAN TOME EN CAMBADOS TERA NOVOS BAÑOS PARA INFANTIL
O colexio de San Tome en Cambados vai ser obxecto dunha mellora por parte da Xunta, en colaboración co Concello. A actuación consistirá na construcción de novos baños para Educación Infantil, que beneficirán a 4 aulas. As obras executaranse este ano grazas a un acordo de colaboración co concello de Cambados, aportando a administración autonómica un montante que rondará entre os 35.000 e os 40.000 euros para a execución destes novos aseos. O concello, pola súa banda, encargarase da execución da conexión de saneamento, así como de aportar man de obra para a execución destes traballos. As obras…
Read the full description
priorizadas polo centro como as máis necesarias, permitirán que os cursos dos nenos máis pequenos conten con un aseo na propia aula, o que facilitará a labor dos docentes. A maiores, o delegado territorial comprometeuse a que a Xunta leve a cabo un estudo técnico sobre a viabilidade de ampliar a biblioteca do San Tomé aproveitando o espazo dos baños actuais que quedarán obsoletos unha vez que se fagan as obras anunciadas hoxe. O anuncio facíano esta mañá no propio centro educativo o delegado da Xunta, Cores Tourís, acompañado do xefe territorial de Educación, Pérez Ares, e do concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño. Con eles, recollendo as súas declaracións para AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA, estivo Alba Piñeiro
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.