Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONCELLO REALIZARA A DEMANDADA PAVIMENTACION DO VIAL ENTRE TRAGOVE E CORVILLON
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados acondicionará o vial de 1,5 kms entre Tragove e Corvillón cun pavimento que solucione definitivamente os problemas que veñen sufrindo as depuradoras ubicadas neste tramo, a consecuencia do mal estado do firme de zahorra. Tras chegar a un acordo con Costas do Estado, o goberno local está a redactar o proxecto que será financiado a través do Plan Concellos 2019 cun orzamento que o Concelleiro de Obras e Servizos estima entre 80.000 e 90.000 euros. Con esta actuación o executivo municipal pretende solucionar unha demanda histórica…
Read the full description
do sector da industria alimentaria do entorno e, ademáis, evitar un gasto duns 20.000 euros que administración local viña destinando anualmente para o mantemento do vial. Así o explicaba o edil José Ramón Abal nunha comprobación da zona, acompañado do representante das depuradoras, Fernando Oubiña, de Mariscos Laureano.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.