Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PSOE DEFENDE A SUA AUSENCIA NA MANCOMUNIDADE POLAS DECLARACIONS DE DURAN CONTRA CARMELA SILVA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Alcaldes e concelleiros do PSOE da comarca do Salnés defenderon esta mañá a súa ausencia no pleno da Mancomunidade do Salnés que aprobou o orzamento para o 2019 de 4,3 millóns de euros, un 37 por cento máis que este ano. Tal como estaba anunciado, os socialistas non acudiron ao pleno para visibilizar o seu rexeitamento a raiz das polémicas declaracións de Gonzalo Durán contra Carmela Silva. Neste sentido, os populares recriminaron a actitude do PSOE denunciando falta de coherencia, "posto que sí acuden ao pleno de Vilanova, que foi onde Durán realizou…
Read the full description
as polémicas declaracións, e non o fan ao pleno da Mancomunidade onde se tratan temas de interés para toda a comarca". Dende o PSOE da comarca, os alcaldes de A Illa e de Vilagarcía resumían esta mañá a súa posición, reiterando que seguirán sen acudir aos órganos representativos da Mancomunidade do Salnés mentres siga Durán de presidente. Acompañados dos rexedores de O Grove e Cambados, aseguraron continuarán coa decisión consensuada despois de que o PP non asumira a portunidade de sustituir a Durán ao fronte da entidade comarcal. En todo caso, seguirán formando parte dos servizos mancomunados.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.