Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O 10 DE MAIO SERA A SEGUNDA TRAVESIA DO SALNES TRALO EXITO DA PRIMEIRA EDICION
Os aficionados ó sendeirismo e ó ciclismo terán unha nova cita o sábado 10 de maio para disfrutar do deporte e de paso visitar os lugares máis emblemáticos da comarca do Salnés. A Asociación cultural e deportiva As Travesas de Tremoedo en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, pon de novo en marcha esta travesía que unha vez máis recorrerá os concellos de Meis, Ribadumia, Cambados, Vilanova e Vilagarcía. Quen queira participar nesta travesía podrá elexir entre tres tipos de ruta, a andaina longa, de 50 kilometros de distancia e que durará 12 horas, dende ás 8:30 da maña ata ás 20:30 da…
Read the full description
tarde, a aindaina curta, que sairá ás 15:30 da tarde, e a BTT en Bicicleta que sairá ás 15:35 da tarde. Todas as probas sairán do campo da festa de Tremoedo e rematarán no mesmo sitio, ás 20:30 da tarde para que despois, os participantes poidan relaxarse e descansar cunha merenda de confraternidade que á organización preparará, con churrasco e empanadas. Para inscribirse, hai que cubrir unha ficha na páxina web www.travesiadosalnes.com e facer o pago na conta bancaria que aparece na ficha. O prezo para apuntarse á andaina longa é de 18 euros, á andaina corta de 12 euros e á BTT de 15 euros. Dentro deste prezo tamén estan incluidos os avituallamentos e a merenda de confraternidade. Ademáis de unha actividade deportiva, trátase tamén dunha alternativa de turismo deportivo co fin de promocionar a Comarca do Salnés e mostrar os encantos turísticos dos concellos. Como novidade nesta edición, os corredores visitarán durante a ruta, as bodegas da Comarca que colaboran nesta actividade, e como premio final, todos os participantes serán agasallados cunha botella de viño albariño. Dende A asociación As Travesas, como organizadora, e dende a Mancomunidade do Salnés animán a todos a participar nesta cita xa que se trata dunha proba participativa e non competitiva. Así o recalcaban Adrián Baños e Gonzalo Durán na presentación da proba, que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.