Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O BNG PREGUNTA A CONSELLERIA OS MOTIVOS DA MORTANDADE DO BERBERECHO NA RIA DE AROUSA
O BNG preguntará este mércores no Pleno do Parlamento qué medidas vai a adoptar a Consellería de Medio Rural e do Mar para a recuperación do berberecho da ria de Arousa. Segundo os datos da formación nacionalista, o ano pasado as capturas do molusco alcanzaron unha caída histórica na ría de Arousa de máis de 350 mil kilos, a máis baixa dende o ano 1997, en que se rexistran os datos de extracción. Teme o BNG que esta reducción nas capturas poida ser debida a presencia do parásito “Marteilia refrigens”, sobre o que a propia Consellería está a realizar un estudio para coñecer a incidencia que…
Read the full description
este parásito pode ter sobre o berberecho. Trátase dun protozoo responsable da enfermidade da glándula dixestiva da ostra plana europea, que ven afectando ás ostras atlánticas dende o ano 1968. En Galicia, a importación da ostra francesa introduciu este parásito, o que provocou a desaparición dunha gran parte dos bancos naturais de ostra. Por todo elo, o grupo parlamentario do BNG pregunta á Consellería de Medio Rural e do Mar se ten confirmado a relación entre este parásito e a mortandade do berberecho na ría de Arousa e qué medidas ten adoptado para paliar os efectos da mesma. Son preguntas que nos confirmaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o deputado Daniel Rodas en conversa con Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.