Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PP DE CAMBADOS VE DESINTERES NO CUATRIPARTITO POLA REFORMA DA PRAZA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A reforma da Praza de Abastos de Cambados volve a suscitar as críticas do PP municipal. O portavoz da formación local, Luis Aragunde, acusa ao cuatripartito de desinterés en levar a cabo o proxecto asegurando que demoraron dez meses en dar resposta ao Plan Especial de Portos de Galicia. Asimesmo, pide ao Concelleiro de Economía e Facenda que faga públicos os documentos de entrada en rexistro nas administracións que demostren os trámites realizados. As declaracións de Aragunde tiveron xa inmediata resposta por parte do goberno local. O Concelleiro de…
Read the full description
Economía e Facenda, Xurxo Charlín, asegura que o cuatripartito tivo que realizar previamente as xestións adecuadas para garantir a financiación do proxecto e agora estase atopando con contínuas trabas por parte de Patrimonio e Infraestructuras da Xunta, con peticións contrarias. Neste sentido insiste en que non se lle pode exixir ao cuatripartito unha xestión inmediata cando Portos de Galicia tardou catro anos en remitir o Plan Especial, que xa tiña que estar en Cambados no 2014 e non foi remitido ao Concello ata o 2018.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.