skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

EN MARCHA AS OBRAS PARA SOLUCIONAR AS INUNDACIONS NO ACCESO AO MOSTEIRO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 A Deputación comezará en breve as obras que rematen coas frecuentes inundacións que sufre a estrada provincial EP-9402 Mosteiro-Barrantes Trátase dun investimento conxunto entre a administración provincial e o Concello de 311.000 euros para dar solución ao grave problema de asolagamentos ao tempo que permitirá a humanización do primeiro tramo da estrada. A Deputación vén de sacar a licitación a súa parte do convenio asinado o pasado mes de outubro. As empresas interesadas teñen ata o próximo día 26 para presentar ofertas ás obras de seguridade viaria…

Read the full description

valoradas en 217.606 euros. Pola súa banda, o Concello xa acometeu a súa parte das obras que, por importe duns 93.000 euros, canalizan as augas pluviais. A actuación complementarase co proxecto municipal de integración da praza de abastos na Praza de España, creando un espazo aberto no que se poidan realizar actividades. Os detalles de ambas obras nolos contaban esta mañá o Deputado de Infraestructuras, Gregorio Agis, e a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, durante unha visita á zona.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.