Latest / Todos os podcast | Galicia en goles
Galicia en goles domingo 01-03-2026
Celta e Deportivo conseguiron triunfos a domicilio na tarde do domingo. O equipo vigués remontou en Montilivi e venceu ao Xirona por un a dous, colocándose a tan só tres puntos da quinta posición. Pola súa banda os coruñeses tamén lle deron a volta ao marcador en contra, e grazas a un gol de Soriano no desconto remataron derrotando á Real Sociedad B por dous a tres. O Deportivo iguala agora a puntos cos postos de ascenso directo. Mentres no polideportivo destacou o triunfo do Uni Ferrol en Badalona e a derrota do Cangas ante o Barcelona.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.