Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE INCORPORA UN OBRADOIRO TECNOLOXICO E AMBIENTAL
A Mancomunidade do Salnés contará este vindeiro curso con dous Obradoiros de Emprego concedidos pola Xunta de Galicia. Concretamente, repite o de Hostelería do Salnés, que será a XI edición cunha inserción laboral do 100% , e estrea o Obradoiro Salnés Tecnolóxico e Ambiental. En cada un deles formaranse 20 alumnos desempregados, que percibirán o salario mínimo interprofesional de 707 euros Como novidade, todos os obradoiros amplían a súa duración a 9 meses. No caso do Obradoiro de Hostelería, destinado para todos os concellos da comarca do Salnés, formaranse en cociña e restaurante-bar e, ao…
Read the full description
aumentar o período de formación, poderá convalidarse cunha titulación oficial de cociñeiro ou camareiro (antes axudantes). En canto ao Obradoiro Salnés Tecnolóxico e Ambiental, destinado aos concellos de Meaño, Meis Ribadumia e Vilanova, os alumnos instalarán redes WiFi nos edificios públicos dos catro concellos, ademáis do adecentamento de espazos públicos e xardineria. A inversión total para os dous obradoiros será de 700.000 euros, dos que 580.000 serán financiados pola Consellería de Emprego e Industria. A presentación dos cursos formativos tivo lugar esta mañá na sede da Mancomunidade en Exposalnés, coa presencia do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís e representantes dos concellos implicados. Os detalles explicabaos o delegado territorial, Cores Tourís, e o xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.