skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A " FESTIVALA" CHEGA ESTE SABADO A VILAGARCIA

A I Festivala “Mulleres creando” chega este sábado 26 de novembro a Vilagarcía para visibilizar o papel da muller como creadora en diferentes eidos e loitar contra as violencias machistas. Unha iniciativa organizada polo colectivo O Soño de Lilith que comezará partir das 12:00 horas e prolongarase ata a madrugada. Multitude de propostas culturais daranse cita no recinto feiral de Fexdega, ademáis dunha feira de artesanía na que mulleres creadoras de toda a provincia de Pontevedra achegarán os seus traballos en múltiples disciplinas: ilustración, pintura, alimentación, asociacionismo, deseño e…

Read the full description

moda etc. A I Festivala pretende ser un día reivindicativo pero tamén de festa e diversión, tal e como se reflexou esta mañá na presentación da iniciativa, coa presencia da Presidenta da Deputación, Carmela Silva. Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. Ademais haberá presentacións literarias e microteatro ás 12:30h e ás 17:00 o recital poético “A violencia dun sorriso” do colectivo Implicadas no desenvolvemento. A infancia tamén terá o seu oco neste Festivala. Ás 12:30 e ás 17:00 horas realizarase un obradoiro infantil sobre o papel das mulleres na arte e a súa invisibilización a cargo de Sol R. Gil, licenciada en Belas Artes e experta en arte terapia. Pensado para nenas e nenos de 6 a 14 anos, o obxectivo da actividade será gozar da arte empregándoa como ferramenta para o fomento da igualdade. A música terá tamén un papel esencial. Ás 18:00 a proxección do documental MGK servirá para presentar o proxecto “Mulleres Galegas Kañeras”, que pretende dar visibilidade ás artistas galegas na música rock, heavy e metal que se fai nesta terra, potenciando e reivindicando a figura da muller neste ámbito musical. Pero a música xa empezará a soar ás 13:45 h coa Sesión Vermú a cargo do grupo de percusión tradicional galega As Punkiereteiras. As 19:00 h darán comezo os concertos, nos que xa están confirmados os grupos Trême, formación creada por Sú Garrido e Margarida Mariño en 2014 con influenzas que van dende a bossa nova até o trip hop; Moun Qup, o proxecto en solitario da cantante francesa Camille, ou Bala, o grupo de Ánxela Baltar e Violeta Mosquera cuxo primeiro álbum, Human Flesh –un disco furioso cheo de stonner rock, grunge, metal e pop– foi todo un éxito e levounas de xira polos principais festivais de España e Europa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.