skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ROSA QUINTANA VISITA A TERMINAL DE CONTEDORES DO PORTO DE VILAGARCIA

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo esta mañá no Porto de Vilagarcia, nunha visita na que puido comprobar os traballos que ali se realizan e tamén coñeceu a terminal de contedores. Tratouse da primeira visita que se realiza a esta terminal da que, Rosa Quintana, destacou a súa importancia loxisitica que supón o 25% dos traficos do porto vilagarciá. A terminal de contedores traballa cunha liña de periodicidade semanal que cubre o traxecto Bilbao-Vilagarcía-Lisboa-Canarias, e que transporta contedores de viño, conservas, aceite, productos refrixerados e lácteos, entre outros. Tanto…

Read the full description

representantes da empresa concesionaria dos contedores, Boluda, como a presidenta del Porto de Vilagarcia, Sagrario Franco, sinalaron a necesidade da chegada do ferrocarril a estas instalacións portuarias, que conlevaría o aumento considerable de trafico de contedores, e suporía un aforro importante dos transportes por estrada. Neste sentido, Sagrario Franco, confirmou que ainda non se baralla unha data para que comece a transitar o ferrocarril polo porto. Sin embargo, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana destaca tamen o traballo feito para habilitar a infraestructura viairia pola cal, se espera que nun futuro transiten máis contedores e que faría que Vilagarcia sexa a vía de conexión entre o centro de España e o norte de Europa sen necesidade de pasar antes por Bilbao. Así o decían esta maña, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a Presidenta do Porto de Vilagarcia, Sagrario Franco, nunha rolda de prensa que se realizou tras a visita e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.