skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

LOUZAN DEIXARA A DEPUTACION SE PSOE E BNG GOBERNAN A INSTITUCION

O presidente en funcións da Deputación e líder do PP provincial, Rafael Louzán, anunciou esta mañá que non formará parte da institución provincial no caso de que chegue a bo termo o máis que previsible pacto entre o PSOE e BNG para dirixir a deputación nos próximos catro anos. Neste contexto, Louzán avanzou que non ocupará ningún escano provincial se un pacto entre socialistas e nacionalistas lle arrebatan a institución provincial. Asimesmo, tamén advertiu das consecuencias que terá para a provincia a coalición PSOE-BNG, e mesmo cuestionou a súa viabilidade, mencionando o que considera…

Read the full description

“desavenenzas ou diferenzas importantes, sobre todo no modelo que queren, e no ámbito das persoas que podan compoñer a futura corporación ou equipo de goberno”. Referíase así as relacións entre quen ocuparía a presidencia da Deputación, a viguesa Carmela Sivla, man dereita de Abel Caballero, e quen ostentaría a vicepresidencia, César Mosquera, ideólogo do modelo pontevedrés do BNG. En todo caso, o líder do PP provincial asegurou que non porá problemas para o traspaso de poderes.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.