skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A xunta realizara melloras de conservacion en viais de arousa e pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licita hoxe, no Diario Oficial de Galicia, as obras de mellora do firme de estradas de Arousa e Pontevedra nas que se investirán máis de 620.000 euros. Estes traballo permitirán mellorar case 20 quilómetros afectando a tramos que atravesan os concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, Barro, Meis e Pontevedra. O delegado territorial aproveitou unha visita ao concello de Vilanova de Arousa para facer pública esta licitación en compaña do…

Read the full description

alcalde da localidade, Gonzalo Durán, do xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, e do xefe do Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez. Tal e como explicou Cores Tourís, en todas estas estradas actuarase levando a cabo o fresado e a reposición das áreas que presentan un maior nivel de fisuración, aplicándose microaglomerado e capa de rodadura. No caso do concello de Vilanova de Arousa, verá mellorar a estrada Caleiro-Vilanova, ao longo de 1,8 quilómetros. Ademais, tamén se mellorará o vial Vilanova-Ponte-Illa de Arousa en 1,5 quilómetros, “é dicir, ao longo de toda a estrada, tal e como ocorre coa estrada Tremoedo-Deiro, que verá mellorar toda a súa lonxitude, 2,5 quilómetros”, matizou o delegado territorial. Ademais, tamén se mellorará a Vía Ra´pida do Salnés ao seu paso por Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova, onde, ademais do firme da propia estrada, tamén se mellorará a capa de rodadura en dúas glorietas. Finalmente, levarase a cabo a mellora do firme da PO-531 Pontevedra-Vilagarcía ao seu paso polos concellos de Pontevedra, Barro, Meis e Vilanova de Arousa, ao longo de máis de dez quilómetros. No caso desta estrada, os técnicos consideran importante a súa mellora debido a que existe unha elevada fisuración debido ás condicións climatolóxicas e ao elevado tránsito de vehículos pesados a diario. As obras executaranse nos tramos que quedaron pendentes na anterior actuación de fresado localizado. Os viais nos que se actuará detallábaos o delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.